Ir ao contido principal
Roberto Bouza

Roberto Bouza

1979San Sadurniño

Roberto Bouza é especialista en novas tecnoloxías, deseño gráfico e animación 3D, cunha traxectoria autodidacta que une a programación, o audiovisual e a creatividade dixital

Edicións como cineasta
VI2019
Roles nas películas
MontaxeDirecciónCámara

Biografía

Roberto Bouza  é técnico especialista en novas tecnoloxías, deseño gráfico e animación 3d. Mentres estudaba electrónica, iniciou o seu interese creativo coa programación de videoxogos nas videoconsolas da época, participando en eventos da escena independente. Como autodidacta, na actualidade dedica parte do seu tempo de lecer a aprender novas técnicas de deseño por computador ademais da programación. Realizou a Promo da 5º chanfainalab. Na súa canle de Youtube podes ver outros traballos do artista visual de Ferreira.