Sinopse
Cruz Piñón enfróntase de novo cos seu medos da infancia na vella casa dos seus avós paternos
Cociña da peza
Nesta edición Cruz volveu a atreverse a crear outra obra individual, aínda que tamén tivo tempo para participar na peza colectiva de ""No tempo dos escapados" ou axudar -coma sempre- nas creacións doutros cineastas como "A gatiñeira de San Sadurniño" de Fernando Cortizo; "Mírame" de Kevin Lorenzo "O parto da parda" de Abel Vega ou "Donde me leven" de The sungirls. De novo Cruz afonda nas súas lembranzas da infancia como terapia do presente cunha historia de emocións e sentimentos: "Xa van 71 anos que convivo cunha cousa dentro de min que teño que botar para afora. Un dano que se me fixo na vella casa dos meus avós paternos, sendo eu unha nena dun ano, e que non llo desexo a ninguén. Así que collín a cámara e fun ata as ruínas da casa para enfrontarme coas amargas lembranzas daqueles dias. Agora penso que unha nena non ten por que sufrir o dano que eu soportei, mais volvín a sentir o alivio que xa experimentara con "Anguria", como si vencera algo que levaba anos metido aí dentro".
"Arte do silencio" é outra peza terapéutica que serviu a súa autora, sobre todo, para liberarse dun pasado doloroso e terrorífico. Para Cesar Galdo é "quizais a máis sobrecolledora de todas cantas se produciron para o noveno Chanfaina lab. “A arte do silencio” ten pouca variedade de imaxe, apenas uns planos de muros vellos e cubertos de silvas da casa familiar de Crucita. Pero aínda así é unha xoia audiovisual de tal forza que obriga a conter o alento mentres escoitamos a Piñón contando os seus primeiros recordos, traumas infantís que aínda perviven na súa memoria e que ela narra como terapia para superalos" "Gustaríame recomendar a quen mire a peza, que medite sobre o que unha nena pode sentir e como lle queda unha marca no corazón para toda a vida, aínda que os adultos non a perciban. As lembranzas negativas da infancia son difíciles de perdoar". Unha nova lección de vídeocartografía terapéutica que nos achega a afouteza de Cruz Piñón. É admirable que o faga a través dunha cámara de vídeo na que fusiona vida persoal e cinema. Ese recendo de alivio que percibimos na nosa brava cineasta é a proba de que coa autenticidade chégase sempre ao corazón do espectador.
Equipo
Dirección
Equipo técnico
- Equipo
- Roberto Bouza
Galería
