Biografía
Lucía C. Pan, directora de fotografía formada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e especializada en fotografía cinematográfica na ESCAC, adquire experiencia no mundo da curtametraxe, creando obras de natureza moi diversa como "Anacos" de Xacio Baño, "Limbo" de Dani Viqueira, "Matria" de Álvaro Gago ou "A nena azul" de Sandra Sánchez entre outras, cun amplo percorrido en festivais de todo o mundo. As súas dúas primeiras longametraxes, “Dhogs” de Andrés Goteira e “Trote” de Xacio Baño, acadaron o premio Mestre Mateo á mellor fotografía. A hiperactiva Lucía tivo un ano 2019 ateigada de proxectos de todo tipo que a confirman como un referente imprescindíbel da dirección de fotografía en Galicia: dende curtas como “16 de decembro” de Alvaro Gago a varias longametraxes como "Eroski paraíso" de Jorge Coira, "Welcome to ma maison" de Andrés Goteira, "¿Qué hicimos mal?" de Liliana Torres, ou a nova película de Ignacio Vilar, “María Soliña”.