Ir ao contido principal
Ana Martínez

Ana Martínez

2001Ferrol

Ana Martínez explora sen descanso a ilustración, o cinema e a creación visual, guiada por un maxín tan inquedo como inesgotábel.

Biografía

Ana Martínez, “ATE” (Ferrol, 2001), é unha artista nova moi creativa e polifacética. Estudou o BAC de Arte en Ferrol, onde desenvolveu o blog "Bananatas". O maxín de Ana é inesgotábel, sempre na procura incesante do seu camiño como creadora: practica a fotografía, o cinema, o deseño, a pintura, o cómic e tamén á literatura. Actualmente está a rematar o Ciclo de Ilustración na EASD “Pablo Picasso” de A Coruña. Esta é a primeira vez que participa na Chanfainalab.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

Con ollos de xigantes
Ano
2019
Rol
Dirección