Sinopse
Na procura da definición de indefinido
Cociña da peza
Bieito non tiña moi claro o tema sobre o que traballar nesta edición da Chanfainalab: Participou activamente nos obradoiros de María Yáñez e no de edición co móbil de Belén Montero e Juan Lesta. Aínda tirou tempo para facer a cámara da curta do seu amigo Sebas Rodríguez ("Galiñocidio"). Mais non quixo deixar pasar a ocasión para facer "unha peciña que non me ocupara moito tempo e recursos, algo que me permitira conectar co espírito da Chanfaina de experimentar, procurar o meu propio camiño e facer algo diferente ao que sempre fago. Así que me decidín por algo moi sinxelo, onde estivera presente o onírico, ademais da miña propia experiencia vital como estudante, e, por suposto... Bardaos".
"Indefinido" como indica o propio título, deixa sobrada marxe á interpretación de quen mira ou escoita, unha peza indefinida, produto da imaxinación dun mozo afeccionado ao cinema que sempre busca os seus referentes nese pequeno grande mundo que é a parroquia de Bardaos. Bieito segue na procura do seu estilo propio, experimenta coa imaxe e o son, e atina no obxectivo complexo de definir o indefinido; E faino como os cineastas con mirada, a través da subxectividade e a experiencia persoal, aínda que os asuntos resulten tan sinxelos e etéreos como escoitar unha treboada dende a cama, a irrealidade tras o espertar dun soño axitado ou pechar o ordenador despois dunha longa xornada de traballo. Que cada quen deguste a peza ao seu cachón, mais o pouso que deixa no espectador, acredita que Bieito acada o seu obxectivo de definir o indefinido. Agardamos con impaciencia que o cineasta de Bardaos siga na procura do seu camiño na Chanfaina
Equipo
Dirección
Galería
