Biografía
Ignacio Vilar produtor, director, guionista, aos dezaoito anos trasladouse a Barcelona, onde estudou cine, montaxe, dirección de actores, rodaxe de documentais e curtas. Alí comezou un proxecto de difusión de cinema polos barrios de Barcelona e tamén polas vilas de Cataluña. En 1989 gañou o Carlos Velo polo guión "Ollo Birollo", retornou a Galicia e fundou a produtora Vía Láctea Filmes, coa que dirixe curtas en 35mm, documentais e series documentais para televisión sempre en V.O galega. Entre os seus títulos mais coñecidos como guionista, produtor e director están: "Ilegal" (2002), "Un bosque de música" (2003), "Pradolongo" (2008). "Vilamor" (2012), "Sicixia" (2016), "María Solinha" (2020) e "A esmorga" (2014) que foi a primeira longametraxe rodada en galego nominada a un Premio Goya (mellor guión adaptado) e a longametraxe máis premiada no XX Festival du Cinéma Espagnol de Toulouse (Francia). Ignacio Vilar recibiu o Premio da Cultura Galega en 2015 polo seu compromiso coa promoción da lingua e cultura galegas.
