Na procura da nosa deusa Nabia
- Duración
- Localización
- BardaosSanta Mariña do MonteSan Sadurniño
Sinopse
Invocamos a protección de Nabia, a nosa Deusa da auga, contra a destrución da Natureza
Cociña da peza
Ignacio é un competente veterano do cinema galego e xa tiña no maxín un fío do que tirar cando chegou a San Sadurniño: " Nunha viaxe, fai anos a San Sadurniño, no que o Tom Tom perdeume polas corredoiras arrasadas polos tractores da industria dos eucaliptos, con fochancas das que puiden saír polo todoterreo que conducía. Cheguei á Casa do Concello co coche e os parabrisas ateigados de lama. Nunca esquecerei ese día. Como di o meu admirado historiador da arte Ernst Gombrich “toda imaxe remite a outra imaxe”, así pois, na Chanfainalab saimos na procura de caza maior de imaxes, sen ningunha posibilidade de éxito. Íamos incrédulos coa protección da nosa Deusa Nabia.
Pero San Sadurniño é dos santuarios do mundo onde máis caza maior houbo e hai de imaxes fermosas. Gardan alí tesouros para os ollos atentos ao milagre. E apareceunos o mostro de sete cabezas, a máquina infernal coa que non contabamos. Ese mostro infernal levounos a Goya, Rubens, a Munch, a Tiziano, a Gauguin e ao fin a... nosa Deusa Nabia, a Deusa da auga clara, do claro cristal, que estivo connosco durante toda a gravación. Escoitamos, de súpeto, no medio da fermosa música de paxaros, do vento abaneando as árbores e os son das augas do río Xubia, un son que non era deste mundo. Así mesmo levabamos unha arma letal: “Sé como o ruiseñor, que non mira a la tierra desde la rama verde donde canta” (Valle Inclán), e abondosa munición (Gombrich) para a caza maior, con ollos atentos para o milagre; as imaxes lógranse cazar a 24 fotogramas por segundo e de feito non tivemos ningunha dificultade".
Poderíamos considerar "A procura da nosa deusa Nabia" como un filme relixioso, porque bebe no panteísmo das súas referencias: "pretendo transmitir o pensamento revolucionario do filósofo do século XVII Spinosa (Deus sive Natureza). Baruch Spinosa, era descendente dunha familia galego/portuguesa que tivo que fuxir a Ámsterdan, perseguidos pola Santa Inquisición. O deus dos cristiáns non existe, está humanizado. As Deusas e Deuses que existen son a Natureza. Todos o que ollamos, tocamos, respiramos son Deusas e Deuses. As árbores que abrazamos, as augas dos ríos que nos bañamos, as fontes que bebemos, os inmensos Océanos que ollamos, o ar que respiramos, as nosas montañas que percorremos…" Ignacio interpela aos espectadores sobre o seu sistema de crenzas e converte esa viaxe mística- relixiosa nunha clara mensaxe identitaria e ambiental. A peza condúcenos do desorde e o caos á calma e harmonía universal. Descubrir recunchos onde a deusa Nabia sigue a estar aí, viva e acolledora, para transportármonos a outro estado de sabedoría, sentindo a conciencia cósmica da natureza. Que a deusa Nabia vos acompañe na viaxe.
Equipo
Dirección
Equipo técnico
- Cámara
- Fran da Lobeira
Galería
