Biografía
Candela Conde de pequena quería ser hippie e traballar no circo, ser profesora, veterinaria, escritora, construír unha casa nas nubes cun tobogán e ter un centro de rescate de animais. Despois de viaxar por cada unha destas opcións decanteime por estudar Belas Artes e agora xa teño un papeliño que di que son oficialmente “Artista”. Decidín retornar a Santiago para levar a cabo diversos proxectos artísticos, polo menos ata que me ferva o cu aquí e decida marchar a outro lugar. As principais liñas temáticas da miña traxectoria audiovisual son o corpo, a volta ó primixenio, escapar da sociedade ou a natureza, que pode aparecer na obra representada ou ser o propio espazo de traballo. Tamén estou interesada en explorar o mundo da arte sonora experimental para introducila nas pezas audiovisuais. No 2022 realicei "Susurros do enxebre” e "A casa dos avós". No 2023 “Es (ser) e ser un espacio”.
