Ir ao contido principal
Isabel Risco

Isabel Risco

1975Coruña

Un rostro imprescindible do humor galego, capaz de converter a interpretación en retranca, talento e pura conexión co público.

Acompañante
VIII2023Preentadora da Gala do VIII Chafaina Lab

Biografía

Actriz e humorista galega. Naceu na Coruña, no seo dunha familia moi vencellada á cultura e ao nacionalismo galega. Estudou en escolas públicas da Coruña e tras rematar COU estudou Dereito na Universidade da Coruña. Involucrada nos movementos estudantís, militou no BNG dende os 18 anos, ao tempo que cantaba no grupo de música Histerio Glauna Rabudo Bando e que xogaba ao rugby, deporte que practicou durante 11 anos nas filas do Zalaeta, co que participou na Liga Galega. Non chegou a acabar a rematar a carreira de Dereito, decantándose en vez diso pola súa verdadeira vocación, a interpretación, despois de se ter iniciado no teatro universitario en 1997. En 2005 graduouse en Pedagoxía Teatral. Formou parte da primeira compañía de pallasos de Galicia (Os sete magníficos máis un), participou en curtametraxes e en 2006 tivo o seu primeiro traballo na televisión, como reporteira do programa da Televisión de Galicia En pé de festa, presentado por María Solar. A continuación participou tamén nos programas Zapping Comando, Pillados e Máxima audiencia. Acadou fama entre o público galego cos seus traballos en Air Galicia e na serie A vida por diante, converténdose nos seguintes anos nun rostro habitual nas producións da TVG, case sempre en papeis cómicos. Participou nos programas O show dos Tonechos, Land Rober, Tourilandia, Ata a cociña, e nas series Padre Casares, O Nordés, Caseiros, Augas Quentes, Casa Manola entre outras. Polo seu papel de na serie Era visto! foi galardoada co Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina secundaria. Actuou tamén en cine, nos filmes Onde está a felicidade?, Os mortos van á présa e 9 ondas. Ademais traballou como presentadora de galas, contadora de contos e na radio. Como humorista e monologuista, percorreu Galicia con varios espectáculos.