Biografía
Tono Mejuto é arquitecto, fotógrafo e cineasta, formado como arquitecto nas escolas da Coruña, Graz e Santiago de Chile. Posteriormente realizou o Máster en fotografía documental e de autor na escola Blank Paper de Madrid, e asiste a diversos cursos e obradoiros impartidos por recoñecidos cineastas e fotógrafos como Paulino Viota, Isaki Lacuesta, Xavier Ribas ou Jorge Ribalta, entre outros. No 2015, publicou o seu primeiro fotolibro “Unidade Veciñal” coa editorial galega Fabulatorio, exposto dentro da exposición colectiva edita/secuencia no CGAC. É premiado no festival de fotografía de Deauville, Planche(s) Contacts, e recibe diversas bolsas e residencias no ámbito das artes visuais, como a residencia Baicc no Lift de Toronto en 2018. É membro fundador de FFoco, Festival de Fotografía Coruña, creador da editorial de arte Estraperlo e colabora habitualmente con outros festivais de cinema como o (S8) Mostra de cinema periférico da Coruña. Unha das súas pezas de referencia máis sobranceiras é Quiasma.
