Biografía
Juan Galiñanes estudou na Escola de Imaxe e Son de A Coruña. Director, guionista e montador de cine, publicidade e televisión. Juan Galiñanes fai as tres cousas e di que non lle gusta escoller un cargo, porque as tres lle fascinan e lle permiten estar onde se contan as historias ao longo de vinte anos na profesión; comezou a súa andaina no mundo da animación en Dygra Films onde, ademais de montar, dirixe a longametraxe "Holy Night" e a curta "O bufón e a infanta", ambas nomeadas aos premios Goya.
Logo diso, compaxina a súa faceta como director de publicidade coa dirección de varias curtas, traballa como director en series de televisión como "Serramoura" ou "A Estiba", monta longametraxes como "Live is life", "Feedback", "Dhogs"… e tamén series como "La unidad", "Marbella", "El desorden que dejas" ou "Hierro" (segunda temporada), nas dúas últimas tamén traballa como director de segunda unidade.
Foi director da segunda unidade de "Quien a hierro mata", longametraxe da que é autor do guión e entre os títulos como guionista figuran tamén "La Unidad Kabul" e "Fatum". Este último é o seu filme máis recente como director, producido por Vaca Films, está nominado aos Mestre Mateo do 2024.
