Biografía
Mirian Opazo gradouse en Belas Artes na Universidade de Salamanca (USAL) e estudou, na mesma cidade, un máster en estudos avanzados en Produción e Prácticas Artísticas. Empezou o grado coa seguridade de que, chegado o momento de escoller itinerario, escollería pintura. Mais á hora de tomar esa decisión, dous anos despois do inicio do grado, apostou polo audiovisual como ferramenta para contar e contárense a si mesma. No 2022 a peza presentada na sección Paraíso na (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, “Os retratos do silencio”, foi premiada nos Xuventude Crea 22 da Xunta de Galicia. Nese mesmo ano, con “Ningún Deus”, foi mención de honra do xurado do Festival de Cans, ademais de exhibirse no Festival Intersección 2023 e na 37ª edición do Cineuropa.
