Biografía
"Memoria e Cinema" é unha asociación sen ánimo de lucro da que forman parte, entre outras, Bruno Arias (Vigo 1998), Coral Piñeiro (Vilagarcía 1998), Laura Piñeiro (Vilagarcía 1998) e Fran Rodríguez Casal (Traspielas, Fornelos 1998). Xuntos forman un colectivo de cine que traballan a memoria e a súa aplicación didáctica, nomeadamente no eido da memoria histórica. Realizaron pezas documentais como "Dores" (2020), premio do público no Ourense Film Festival, premio ao mellor documental en Curtas Festival do Imaxinario e o primeiro premio no Festival UEMC de Cine Social Universitario; ou "Na pel da memoria" (2023), co Premio "Furacáns" á mellor curta de non ficción no Festival de Cans, o primeiro premio do Certamen de Jóvenes Creadores Premios Madroño e o premio á mellor Curta documental de CREA. Actualmente colaboran coa Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, onde Coral e Bruno realizan un traballo didáctico en institutos mentres Laura e Fran desenvolven unha peza de cine con música en directo co arquivo fotográfico de Dorothé Schubart. Bruno Arias acadou o Mestre Mateo 2024 a mellor longametraxe documental "Os espazos en Branco".
