Ir ao contido principal
Félix Brixel

Félix Brixel

1981Rianxo

Félix Brixel evoluciona do teatro ao audiovisual cunha obra xa recoñecida, na que a escritura e a dirección se consolidan nunha voz propia dentro do cinema galego contemporáneo

Biografía

Félix Brixel iniciou a súa andaina no teatro universitario coa creación do grupo teatral Krilajo en 2013, compañía para a que traballou como guionista e director en obras como “Entrevista a unha actriz” (2014), “Estás ahí?” (2015), “Raíz” (2016), “La voluntad del pueblo” (2017) e “Club de lectura” (2018).
Nos últimos anos centrou a súa actividade máis no audiovisual, sendo guionista e director de “Picnic” (2017), “A Cat in the Window” (2018) -mención do xurado no Festival de Cans-, “A chamada” (2019), “Maipy Kanki” (2020) e “Courel” (2021), premiada no II certame videocreación Concello de Lugo. “Ulises” foi a súa primeira curtametraxe totalmente profesional, estreada no Festival de Málaga, obtivo varios galardóns en diferentes festivais. A curta é candidata á mellor curtametraxe nos Mestre Mateo 2024. Actualmente desenvolve os guións de longametraxe “Os nenos perdidos” e “Pandoc”.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

A Terra é vella
Ano
2023
Rol
Dirección