Sinopse
Desde a fiestra dunha taberna, Lola olla unha billeteira a punto de caerse do peto dun cliente. A súa man non se resiste a collela e escapa. Cando se encontra coas súas amigas, o pánico e o medo apodérase delas. Foxen ata o lugar más recóndito ao que poden ir tres nenas
Cociña da peza
Desde a organización da Chanfainalab queremos manifestar o noso especial agradecemento a Felix Brixel, porque malia numerosas dificultades -totalmente alleas a súa vontade- foi quen de manter o seu compromiso e finalizar a peza. De primeiras, xa viña coa idea de traballar con cativas: “Apetecíame realizar unha curta con nenos. A visita ao Xeoparque do Ortegal e a explicación do xeólogo Fran Canosa, foi moi inspiradora. Se a terra tivese un ano de vida, o ser humano só estivo nela uns 30 minutos. É estimulante pensar nesas rochas que nos contemplaban como recén chegados, con tódalas nosas preocupacións relacionadas con ser membros dunha comunidade política, cultural, dunha familia, de facer ou tratar de facer arte. As preocupacións de existir. Son preocupación que nos parecen moi grandes, transcendentais. Os nenos tamén tenden a magnificar calquera preocupación que xorde do contacto coa vida. E ninguén nos ensina nunca que a terra é vella. Nós marcharemos, e ela quedará, facéndose máis vella".
"A Terra é vella" é unha delicatessen realizada, sobre todo, co corazón a partir dunha metáfora visual: "Non sabería explicar ben cal é o xénero ao que pertence. Non tiña un obxectivo claro, só gravar ás nenas entre aqueles impresionantes penedos graníticos. O desencadeante é bastante trivial. Quería simplemente procurar unha desculpa para empuxar ás cativas cara unha paisaxe á que non están habituadas. Estou contento co resultado final porque conseguimos captar na cámara algúns momentos de comuñón das nenas entre elas. Hai algo fermoso e esperanzador nesas mans que se axudan entre elas a descender por entre uns penedos. Hai algo nesas mans que nos recordan os momentos máis puros da infancia, a dunha amizade gratuíta e infinita". Só por eses instantes de fusión e complicidade entre o vello ou inerte e os novísimos seres vivos, xa paga a pena a viaxe cinematográfica que nos propón o cineasta rianxeiro polo eterno Forgoselo
Equipo
Dirección
Galería
