Madeira de Piñeiro e Nova Zelanda non quedaba tan lonxe
I Chanfaina Lab2014
- Duración
- Localización
- San SadurniñoNaraíoIgrexafeita
Sinopse
Xogo irónico que localiza en San Sadurniño superproducións de Hollywood ou populares series de TV.
Cociña da peza
Na peza que realizou para a Chanfaina'lab Brais mestura dous aspectos do audiovisual que lle apaixonan: as localizacións e a música. Brais homenaxea ao seu concello natal cun xogo retranqueiro que amosa diversos lugares de San Sadurniño como territorio de posíbeis localizacións para películas ou series de contrastado éxito popular: A través de "Madeira de Piñeiro e Nova Zelanda non quedaba tan lonxe", percorremos varios lugares do concello como si fosen Lothlórien, o mítico país dos elfos (Igrexafeita); Invernalia de "Juego de Tronos" (Naraío); Wisteria Lane de "Mulleres desesperadas" (Marqués de Figueroa); o máxico Colegio Hogwarts de "Harry Potter" (Convento do Rosario); a elegante "Downton Abbey" (Pazo da Marquesa) e a sordidez de "American Horror Story" (cemiterio de San Sadurniño). "Pretendo amosar con humor e ironía o potencial do concello para facer grandes cousas que non teñen nada que envexar ás localizacións mais recoñecidas e populares internacionalmente”.
De xeito que, reláxense e gocen das posibilidades visuais deste concello, porque calquera lugar fermoso ou especial do planeta pode "localizarse" tamén en San Sadurniño.
Equipo
Dirección
Galería
