
Entre penedos, cabalos ceibes e historias agochadas, a paisaxe do Forgoselo inspira filmes tan diversos coma as emocións que esperta

A serra do Forgoselo é un dos territorios máis singulares e salvaxes de San Sadurniño. A paisaxe granítica, os penedos, as brañas, o vento perpetuo e a presenza de cabalos e vacas en liberdade conforman un universo telúrico que inspira múltiples olladas cinematográficas.
As pezas deste ciclo percorren este espazo desde perspectivas moi diversas para explorar a natureza, a memoria, as emocións e a relación entre as persoas e a paisaxe. Do documental á experimentación, da introspección á comedia, o Forgoselo non aparece só como un escenario, senón como unha presenza que condiciona a mirada e a creación.
O programa ten unha duración total de 69 minutos.















