Non fixen curta para a Chanfaina
- Duración
- Localización
- San Sadurniño
Sinopse
Pablo, unha vez máis na súa vida, deixa algo importante que tiña que rematar para máis adiante, ate o punto que chega o día anterior á Chanfainalab e non ten nada gravado
Cociña da peza
Malia que Pablo xa é un veterano chanfaineiro, nesta edición deu unhas cantas voltas ate identificar o punto do que pretendía facer: "A idea xurdiu como resultado dun momento completamente ansioso e desesperado por precisar o tema no que quería traballar e por onde tirar, aínda tiña tempo, pero aos poucos, a sensación de que non se me ocorrera aínda ningunha idea pola cabeza para contarlle ao mundo, rematou por xerarme moito estrés e certa anguria, así que arredor das tres da mañá tiven unha inspiración e decidín amosar como me sinto cada vez que afronto un proceso creativo que me comprometera a facer. Coa gravación da curta e a montaxe, buscaba ter unha peza rara, angustiosa, e que transmitise o que estaba sentindo no momento, así que collín a cámara e o trípode e gravei planos moi longos, moi estáticos, e con moito ruído de fondo, efecto que se beneficiou do estado lamentable da miña cámara, que comezou a manifestar deficiencias visuais e sonoras. Unha vez rematada a gravación e a edición, fixen o primeiro borrador, pero o feedback non me resultaba grato porque me daba a impresión de estar baleiro e non aportar nada, producíndome máis desesperación pola lonxitude das tomas, acorde co que estaba buscando. Certo é que podía pulir varios aspectos e darlle riqueza con toques visuais e algún que outro efecto de son, ademais de revisar a duración das tomas para que xerasen un efecto parecido, pero ao final decidín deixalo aínda que me tirasen pedras ao saír da proxección".
"Non fixen curta para a Chanfaina" é unha peza introspectiva que poderíamos encadrar no xénero do "documental do eu", aínda que o novísimo cineasta de Sansa aderezouno con toques moi persoais: "considero que a miña peza ten aires do xénero do terror psicolóxico, pois busca xerar emocións negativas no espectador, ao mostrar dun xeito máis "indirectamente directo" polo que estaba pasando no momento, procurando non só contalo, senón facer que os espectadores o experimentaran comigo, por iso hai planos erráticos, longas esperas, e sons estraños. Con todo, rematou por ser unha curta da que estou moi orgulloso e que ten unha estética e narrativa moi única ate o que eu coñezo". En definitiva, a peza tamén ilustra sobre o proceso complexo da creación -o bloqueo da páxina en branco- dun cineasta local do que agardamos grandes cousas no futuro.
Equipo
Dirección
Galería
