Sinopse
Botamos a vista atrás para rememorar os inicios de Leite Bohal, e da Granxa Romero. A través da voz de dous dos catro irmáns pertencentes a saga Romero Castrillón, podemos achegarnos aos tempos nos que se mercou a finca de Prospes, unha época na que "o leite era negro
Cociña da peza
Pablo xa nos ten acostumados as voltas e reviravoltas a que somete calquera das ideas que agroman no fervello inesgotable do seu maxín: "Comecei a deseñar esta peza como un desafogo e unha liberación, algo para recuperar a calma. Inicialmente, gravei varios vídeos cantando na natureza cos que ía traballar a modo de xardín mental. Isto non puido facerse por erros técnicos, así que enfoquei a liberación doutro xeito. Acababa de mercar unha cámara nova, e as semanas en Pontevedra queimaban, así que aproveitaba os findes de semana para estar coa miña familia e gravar as miñas vacas, a modo de descanso e de familiarización coa nova ferramenta. Conscientemente non era un acto de liberación, pero si que sentíame mellor a cada finde pasado. Cando quedaba un mes para a entrega das curtas, entendín que eses vídeos formaban parte da memoria da miña familia; eran o xeito que atopaba de descansar a conciencia. Polo que elaborei unha estrutura para o meu repertorio de vídeo vacún. Unha peza na que se falase do que trouxo ás vacas en primeiro lugar á Granxa. Falando coa miña familia e vendo o que se publicara na web de "Fálame de San sadurniño" pareceume unha idea interesante xerar un pequeno docu de memoria e lembranza, pois a estas alturas teño a miña vida algo afastado deles. Haberíame gustado ter chegado a idea antes e facer unha investigación máis profunda, e sobre todo, conseguir a voz da cuarta dos catro irmáns, que tampouco está connosco"
"Unha pequena curta sobre Prospes" xoga coa memoria familiar a partires de fotografías e documentos sonoros para recompoñer a súa propia identidade como un artista que indaga nas súas raíces familiares a través dun documental: "Esta curta podería encadrala dentro do vídeo ensaio, como unha peza do "eu"; non ten aspiracións documentais, pois esa parte do traballo está feita por outras persoas na Web de Fálame. Pero si funciona como un mergullo na miña memoria, e na memoria dos que me acompañan. Realmente gustaríame que a xente que vexa a peza bote a vista atrás, e rescate as memorias de todas esas cousas que se dan por asumidas e coñecidas". Pablo muda aquí os rexistros estilísticos e narrativos aos que nos ten acostumados para render un sentido tributo a súa familia e os seus devanceiros.
Equipo
Dirección
Galería
