Sinopse
Tras sufrir un roubo na súa casa, Vicenta do Castelo botou en falta un colar e uns poucos cartos que deixara quedar nela. Ao revisaren a mesa da cociña descubriu que os asaltadores levaran algunha outra cousa inesperada
Cociña da peza
O tema de "A bizcochada" xurdiu da súa relación coa avoa de Naraío "Cando escoitei a historia da man da miña avoa Vicenta decateime que había algo máis que unha simple rabecha cara as persoas que asaltaron a súa casa. Nin sequera o desacougo cara o medo a poder ser atacada nalgunha outra ocasión era importante. Pareceume que había un enorme sentimento de rancor cara esas persoas por un motivo que vai alén do material: o menosprezo ao sagrado, ao máis persoal e íntimo. Caín na conta entón que había unha pequena historia que merecía ser contada. Fuxía da cotidianeidade dun furto miúdo nunha aldea e ademais restáballe dramatismo á situación porque o que para nós non deixaría de ser anecdótico: o roubo dun anaco de biscoito; para ela remataba por ser o máis importante converténdose nunha teima persoal".
Por sorprendente que pareza, ningunha das, case surrealistas, situacións que aparecen no filme foi guionizada, nin forzada, nin sequera plantexada. O cineasta limitouse a facerlle preguntas a súa avoa e gravar as respostas. Vicenta fixo todo o que se pode ver na película e tamén o que nunca se chegará a ver. Así pois, "A bizcochada" é un sorprendente e divertido bocado de realidade, no que imos coñecer unha muller inigualábel, unha brava muller da parroquia de Naraío. A súa enerxía e humanidade desbórdanse polos marxes do encadre ata chegar ao corazón de calquera espectador.
Equipo
Dirección
Galería
