Ir ao contido principal

Toxos e flores

Lucía Vilela

II Chanfaina Lab2015

Videocreación musical onde a natureza se converte en arquitectura viva

Duración
Localización
San Sadurniño

Sinopse

Arquitecturas naturais, naturezas mortas, espazos de luces verdes e marróns absolutos.

Cociña da peza

"Toxos e flores” agroma da experiencia persoal, das primeiras sensacións na súa toma de contacto con San Sadurniño e co propósito de deixar un rexistro físico -en soporte fotoquimico- da súa estadía entre nós. “Chamoume a atención a paisaxe e a abundancia de bosques do territorio, semellaba como unha continuación de elementos repetidos, arbores, follas, troncos, flores; a madeira como cemento do visible. Así pois, comecei a filmar dende o pechado, a fábrica de INTASA ata elementos naturais, abríndose pouco a pouco á paisaxe humana. Lamentablemente estragóuseme un carrete de super 8 mm no que filmei moitas portas de madeira que pechaban o círculo das texturas”.
Lucía amplificou as súas sensacións persoais mediante unha montaxe repetitiva, potenciada polo ritmo tradicional da banda sonora, construída por Marcos Flórez coa sorprendente utilización dunha peza folclórica da tradición local, Mociños de Igrexafeita. Así pois, preparémonos para sentir e case tocar a madeira e a natureza a través da súa texturas "espazos de luces verdes e marróns absolutos" e gozar da belísima composición pictórica das imaxes.

Equipo

Dirección

Música

Mociños de Igrexafeita, (1971)

Tamén participaron

Son: Marcos Flórez Montaxe: Marcos Flórez/Lucía Vilela

Toxos e flores