Biografía
Estudou dirección de cinema e é licenciada en Información e Documentación pola Universidade Carlos III de Madrid. Sen embargo, a cineasta luguesa Lucía Vilela é -sobre todo- una sólida documentalista gráfica, tanto no ámbito fotográfico como fílmico, que xa ten demostrado dabondo o seu talento en diversos proxectos cinematográficos, expositivos e editoriais. Dedicou o seu proxecto fin de grao ao estudo e recuperación dunha colección privada de ao redor de 700 negativos fotográficos pertencentes á familia do cineasta Mario Ruspoli, creador do cinema directo e colaborador de Chris Marker. Quizais esa ollada documentalista, interesada nos soportes e texturas da creación audiovisual, foi determinante -como na súa curta "Bionte" - na elección do tema elixido pola cineasta.
