Ir ao contido principal

Outras formas de mirar (2)

O cinema analóxico como experiencia visual e sensorial.

Películas
11
Duración
74 min
Anos
2014–2025

O soporte fotoquímico, territorio de creación e experimentación.

Proceso de montaxe de Rachar en dous
Proceso de creación de "Rachar en dous" de Area Erina

Esta segunda entrega ten un interese especial porque combina a experimentación coa paisaxe, os rostros, os obxectos e a memoria, e nomeadamente porque todas as pezas exploran as posibilidades expresivas do soporte fotoquímico.

Se no primeiro ciclo nos achegábamos a outras maneiras de explorar a imaxe dixital, esta segunda entrega amplía ese percorrido por formas de creación que se afastan do relato convencional mais filmadas en Super 8mm ou 16 mm. Un rostro, unha paisaxe, un obxecto cotián, os espazos domésticos e os animais ou un movemento aparentemente insignificante poden converterse no punto de partida dunha experiencia cinematográfica inesperada.

As pezas desta escolma, realizadas por cineastas con traxectoria e sólida experiencia profesional, exploran a liberdade creativa e as posibilidades expresivas da imaxe e do son máis alá dos corsés industriais. Todas experimentan co soporte fotoquímico, incorporando as súas texturas, os accidentes e os procesos artesanais á propia creación. Son propostas diversas que nos convidan a mirar con outros ollos e a descubrir todo o que o cinema pode expresar máis alá das palabras.

A duración do programa é de 73 minutos. Podes seguir explorando as múltiples formas do cinema experimental e da videocreación en Outras formas de mirar (1) e Outras formas de mirar (3)


Películas do ciclo

11 películas