
Un extraterrestre en San Sadurniño
- Duración
Sinopse
Un día máis, un día calquera, San Sadurniño esperta para respirar vida e movemento mentres un extraterrestre observa
Cociña da peza
Dani Viqueira chegou a Sansa sen unha idea exacta do que ía a facer: "O que tiña en mente era deixarme levar ata descubrir o tema desde a propia localización; resultábame un reto a sensación de non ter nin idea do que ía atoparme. De feito, nun principio a incerteza apoderouse de min e quizais andiven perdido un tempo, pero niso consiste este proxecto, en ver onde leva a procura, algo que sentín en todo momento desde o primeiro dia que comecei a percorrer San Sadurniño. Intentei que todo o que gravase fose moi pechado en plano, ía no coche e atopeime dous cabalos pareime un bo intre a gravalos e tocarlles, e alí comezou todo, intuitivamente quería mans, quería ollos, quería manchas, centrar a atención nas pequenas cousas e as accións, que tivesen moito ritmo e movemento. Mostrar o tempo necesario en cada plano sen chegar a cansar ao espectador, amosar como é a vida en Sansa e a súa actividade. Gravei algúns planos en negativo porque nun momento vin moitos cans engaiolados, algo que me doe enormemente; ao final esta mensaxe directa dilúese pero mantívose o efecto dos planos en negativo, a que vai agora representa a mirada dun extraterrestre, unha especie de Ente que observa desde fóra a vida animal e humana en San Sadurniño. E aínda seguimos en proceso onde nos leve esta viaxe de exploración, sen rematar polo de agora.
"Un extraterrestre en San Sadurniño" inda está en brasas, inconclusa, segundo afirma o propio cineasta coruñés: "O resultado final espero telo cara outubro ou novembro. Ao final vai resultar unha peza frenética, moi experimental, mais tentarei sobre todo captar a atención do espectador e se o capto tentar que non se escape como fago sempre cos traballos nos que me meto. Si tivera que achegar algunha referencia do resultado final, a máis directa sería a curta de animación "Loop", gañador do Goya 2023". Así pois, esta é unha peza "aperitivo" sobre a vida en Sansa dende o punto de vista dun cineasta "alleo", como un extraterrestre segundo ironiza o propio autor.
Equipo
Dirección
Galería
