Biografía
Dende cativo medrou enleado polo cinema de terror. "EviIl dead 2", "Tiburón" e "Pesadelo en Elm Street" foron as películas que marcaron a súa vocación polo cinema. De feito, estudou realización na Escola de Imaxe e Son de A Coruña. Comezou na produtora-distribuidora Mr Misto exercendo labores de realización, edición e cámara. Na televisión traballou como editor nas series “Para Mariñeiros Nós” (Vtelevisión) e “Piratas” (Telecinco) en labores de composición. Ten participado en varias curtametraxes e spots de televisión como editor e posprodutor. A súa primeira curtametraxe “Limbo” foi seleccionada en máis de 150 festivais internacionais, nomeada ao Méliès de Ouro á mellor curtametraxe fantástica europea en 2020 e calificada para os premios Goya 2020. A segunda curtametraxe “Penumbra” acadou 75 seleccións oficiais, nominada ao Méliès de Prata.
