Biografía
Fon Cortizo graduouse en comunicación audiovisual no 2001 e comezou a traballar en televisión como operador de cámara. Mais deseguida desenvolveu proxectos persoais propios. A súa primeira longametraxe de ficción, “9 Fugas” recibiu o premio á mellor película internacional no Festival de Xixón (FICX) no 2020. Nos últimos anos, escribiu e dirixiu curtametraxes e documentais como Contrafaces (2015), Aysha (2016), Americano (2017), Filomena (2017) e "Abellón" (2024) . Cos seus traballos percorreu festivais como Shanghái International Film Fest (SIFF), New Horizonts (Polonia), Molodist (Ucrania), Visions du Reel (Suiza) D’A, Zinebi, Play-Doc, FICXixón e Moscú. Actualmente, dirixe a residencia de desenvolvemento de proxectos cinematográficos, Conecta Lab, na illa de San Simón. É o actual Presidente de CREA (Asociación galega de profesionais da dirección e realización).
