Biografía
Fernando Cortizo dirixiu a primeira curta aos 19 anos, pero daquela non existían centros de formación audiovisual, así que decantouse por outra das súas paixóns, os animais, estudiou Veterinaria, exercendo varios anos a profesión de médico dos animais. No 2017, xunto con Isabel Rey, montou a produtora Artefacto Producciones na que desenvolveu numerosos proxectos ate hoxe, nomeadamente no ámbito da animación, publicidade e documental. Con “O Apóstolo” conseguiu realizar a primeira longametraxe de animación stop-motion estereoscópica rodada en Europa, sendo nomeada aos Goya, a preselección aos Óscar e xa na casa, seis premios Mestre Mateo, incluídos mellor director e mellor película. A película tivo un longo percorrido polos mellores festivais do mundo (Moscú, Shanghái, Sitges, Málaga...etc), así como un gran número de galardóns internacionais, entre os que destacan o premio do público en Annecy (Francia), gañador de Animamundi (Brasil), mellor longametraxe en Animpact ( Korea-Xapón), mellor película no Festival de Monterrey (México), premio do Xurado en Fantasporto (Portugal) e outros vinte premios internacionais máis. Na súa filmografía documental, entre numerosos traballos divulgativos, destaca “Terry´s Way,” realizado para o equipo de baloncesto de ACB Obradoiro, o documental “Buscando á Santa Compaña”, estreado en xullo de 2024 no Festival Internacional de cine fantástico de Valladolid e seleccionado en varias mostras e festivais. Actualmente atópase realizando a que será a súa segunda película de animación“Shkid” de produción mexicana e o documental "Vedem", arredor da historia dos nenos no campo de concentración de Terezin (en fase de montaxe).
