
Mateo Couce
2006San Sadurniño
Mateo Couce, bailarín de talento precoz, leva a súa paixón pola danza contemporánea desde San Sadurniño ata os escenarios da vangarda.
- Acompañante
- IX2024Aurresku de Benvida: “Nightmares”, extracto do filme “Young Men”
Biografía
Mateo Couce, comezou a bailar con tan só 3 anos e xa desde ben pequeno deixou entrever actitude e aptitude para a expresión corporal, destacando sempre nunha nos grupos de danza e ximnasia rítmica aos que aquí, en San Sadurniño, lle deron pulo tanto o Club como a Asociación cultural Brío.
Ao longo da súa aínda breve pero intensa carreira, Mateo pasou por distintas escolas da zona e aos 15 anos trasladouse á cidade de Lugo para cursar os estudos profesionais de Danza Contemporánea no Conservatorio Profesional da cidade. Neste centro acadou este ano o Título Profesional de Danza na especialidade de Danza Contemporánea. Despois presentouse ás probas de acceso aos estudos superiores no Conservatorio Superior de Danza María de Ávila de Madrid, un dos máis prestixiosos de España. No proceso selectivo do centro acadou unha das prazas que lle posibilitarán continuar coa súa formación dancística na especialidade de “Coreografía e Interpretación”.