Biografía
María Martelo del Río está cursando o Grao de Belas Artes de Pontevedra. Se ben dende moi pequena desfruta pasando o rato entre pinceis, será na Facultade cando descobre as posibilidades que lle ofrecen outras disciplinas artísticas como a fotografía, o vídeo, o obxecto ou as distintas interseccións entre as mesmas, para comunicar ideas visualmente. Dende un enfoque multidisciplinar e próximo ao neobarroco, está a desenvolver unha obra ligada ao arte de arquivo e ao arte contextual onde memoria, identidade e territorio serán protagonistas. Participou en varias exposicións de pintura e proxectos colaborativos como “Arte em Trânsito” no Município de Monção, actualmente en desenvolvemento. A súa andaina audiovisual deu comezo no 2024, cando a peza “O niño da laverca” foi seleccionada no S8, Festival de cinema periférico en Coruña. Ao ano seguinte a mesma curta gañaría na categoría de Non Ficción do FacomFest 2025.
