Biografía
Andrea Zapata-Girau é cineasta, montadora, educadora e música. A súa obra cinematográfica, desenvolvida entre Galicia e Finlandia, transita entre a ficción e a non ficción, e explora a relación entre cinema, antropoloxía, música e arte contemporánea, afondando en temas como as dinámicas familiares e comunitarias, a dislocación cultural e a fe. Formouse en cinema e comunicación na Universidade Pompeu Fabra, a TAMK School of Art, Music and Media (Universidade de Ciencias Aplicadas de Tampere, Finlandia) e a Universidade Internacional da Rioxa; e en música no Conservatorio Mayeusis de Vigo, a Guildhall School of Music & Drama e a Universidade de Santiago de Compostela. Os seus filmes "Jiskra", "Guitarra de palo" ,“Aava” (Premio no festival de Cans), "Dictée 14' 32'' e “Ruovesi” foron programados en festivais como os de As Palmas, A Habana, Göteborg, ZINEBI, Winterthur, Curtocircuíto e espazos como a Filmoteca Española (Madrid), o CCCB (Barcelona), o Museo Sitio de Memoria ESMA (Bos Aires), o teatro Symphony Space (Nova York) e a Gran Sala de Oración da Sinagoga de Toledo. En 2023 recibiu en Finlandia a prestixiosa bolsa da fundación KONE para investigación, arte e cultura. Compaxina a creación artística coa investigación e a práctica pedagóxica.
