Ir ao contido principal
Manuel Recouso

Manuel Recouso

1967Padrón

Manuel Recouso Piñeiro combina a fotografía e o audiovisual profesional coa docencia e con proxectos persoais de carácter creativo.

Edicións como cineasta
IX2024
Roles nas películas
Dirección

Biografía

Manuel Recouso Piñeiro é afeccionado ao audiovisual dende neno, tras varias experiencias no IFP de Padrón trasladouse a Barcelona, onde se formou a través de varios cursos de realización e noutros centros formativos, mais sempre orientando a súa vida profesional á creación de reportaxes e vídeos industriais para fotógrafos, empresas e medios de comunicación pola súa grande afección a creación audiovisual. Traballou profesionalmente como fotografo para prensa e cámara para a produtora VDP, así como montaxes de iluminación para eventos. Asemade imparte habitualmente formación audiovisual en varios Institutos da comarca de Padrón. De cando en vez aposta por proxectos persoais como nun libro de fotografías de bolboretas ou unha serie de vídeos sobre as catro parroquias do concello de Catoira.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película