Ao patadón
I Chanfaina Lab2014
Recupera a memoria colectiva a través da nostalxia do mítico campo de futbol, nacendo case por azar no espírito da Chanfaina e convertendo o recordo dos veciños nun exercicio cheo de proximidade e emoción compartida.
- Duración
- Localización
- San Sadurniño
Sinopse
Unha nena e un neno lembran o antigo campo de fútbol da Bidueda xogando "ao patadón", (xogar ao fútbol sen técnica, adaptándose ao terreo).
Cociña da peza
O autor guardés amósase especialmente interesado pola recuperación da memoria social e colectiva, -tema moi presente en toda a súa obra-. En "Ao patadón" revive un dos espazos relembrados por moitos veciños e veciñas de San Sadurniño: o mítico campo de fútbol da Bidueda, inaugurado no ano 1946. A peza "foi ideada no mantel do xantar da Chanfaina e gravada no postre", cunhas leves indicacións aos actores Icía e Jorge, na procura da nostalxia compartida. Do mesmo autor veremos proximamente outros dous filmes realizados para a Chanfaina'lab: "Cartas de Conquista" e "Teleclube".
Equipo
Dirección
Tamén participaron
Actores: Icía Fernández Breijo, Jorge Mera Hermida Produción: Bárbara Primo, Beatriz Lema
Galería
