Ir ao contido principal
Álvaro Gago

Álvaro Gago

1986Vigo

Cineasta de proxección internacional a través dun cinema humanista e comprometido coas realidades sociais

Edicións como cineasta
II2015
Roles nas películas
Dirección

Biografía

Aínda que naceu en Vigo onde se graduou en Comunicación Audiovisual, Álvaro Gago sempre foi quen de buscarse a vida fora do país. Trasládase a Chicago, onde estuda teatro durante un ano na North Park University. No 2011, matricúlase no MA Filmmaking ofrecido pola London Film School. Como parte do Máster edita o documental “Skin” e a curtametraxe de ficción “Lipstick”. Ambos filmes acadan varios premios en festivais internacionais de Europa e América do Sur. A súa curtametraxe “Curricán” -gravada na Illa de Arousa- ganou varios festivais ao longo do 2015, entre eles o Festival de Cans. Futuro cineasta de longa traxectoria.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película