Ir ao contido principal
Gonzalo E. Veloso

Gonzalo E. Veloso

1985 A Coruña

Combina a creación documental coa investigación da memoria e da identidade, construíndo unha mirada propia sobre a realidade galega.

Biografía

O coruñés Gonzalo E. Veloso, cunha sólida formación universitaria, leva varios anos combinando a vida académica coa creación de documentais de encargo de carácter institucional e divulgativo que lle permitiron afondar na vida de persoeiros da cultura galega como Manuel María, Lois Pereiro, Paz Andrade ou Díaz Castro entre outros. Mais Gonzalo tamén anda na procura de conformar unha mirada propia e singular como cineasta e observador da realidade galega e universal, cun especial interese pola memoria e a súa relación coa identidade, tanto persoal como colectiva, como está a facer por exemplo no proxecto "Árbores".


Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

A imaxe na lembranza
Ano
2015
Rol
Dirección