Ir ao contido principal
Mar García

Mar García

1995Ferrol

Representa unha nova xeración de cineastas que observan o mundo con sensibilidade poética, convertendo imaxes, palabras e emocións nunha linguaxe moi persoal

Biografía

Con só vinte anos, a ferrolá Mar García é a cineasta máis nova da 2º Chanfaina Lab. Estudante no 3º Curso da ESCAC de Barcelona, actualmente está a especializarse en Documental. Mais a pesares da súa xuventude, Mar García xa leva varios anos amosando o seu talento e creatividade no blog Eu, no que publica habitualmente poemas, fotografías e fragmentos de vídeos nos que amosa unha desbordante imaxinación e sobre todo, unha mirada poética moi persoal sobre o seu redor. Algúns dos seus vídeos podemos miralos na súa canle de You tube.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

Beleza do verán
Ano
2015
Rol
Dirección