Sinopse
"Lémbrome do monte onde nunca estíven, no que a beleza só podía ser escuridade, no que era unha pranta simple e inocente."
Cociña da peza
Mar García chegou a San Sadurniño sen idea preconcibida, mais coa lixeira equipaxe dunha frase de Shakespeare: “a beleza do verán morreu antes de que ti naceras”. Viña tamén coa teima de atrapar o espírito do final do verán, cun punto de partida moi impreciso, o paseo do actor Daniel Vilela polos bosques do arredor de Silvalonga: “Eu pretendía contar o nacemento, morte e resurrección da beleza nos días finais do verán nun videopoema. Hai un plano longo -eixe do filme- que semella un enterro, mais en realidade é o nacemento dunha flor, que simboliza ademais a fermosura do verán, da natureza e tamén a beleza de Dani, o actor protagonista”
Así pois, “Beleza de verán” é como un haiku visual que pretende levar a nosa mente a través da imaxinación cara “o sobrenatural da beleza que produce emoción”. Un universo surreal, onde prima o onírico e o simbólico, que nos invita á ensoñación poética da plenitude do verán, mais tamén a experimentar sensacións da vida, unha das constantes na traxectoria da novísima e prometedora cineasta Mar García.
Equipo
Dirección
