Ir ao contido principal
Sandra Sánchez

Sandra Sánchez

1970Narón

Constrúe unha filmografía esencial no cinema galego, onde a mirada documental e o compromiso coa realidade converten cada obra nun testemuño de memoria e verdade.

Edicións como cineasta
II2015
Roles nas películas
ProduciónMontaxeDirección

Biografía

Estudou na primeira promoción da Escola de Imaxe e Son da Coruña, onde realizou unha serie de curtametraxes onde destaca o documental Ven a Bens, realizado en 1993. Rapidamente comezou a traballar para a industria en diversas producións, cunha traxectoria extensa como directora, montadora, e guionista. Durante esa etapa dirixiu documentais como: Soños dende o abismoAguiño, sobrevivir ao Prestige ou Manuel Quiroga, e montou películas como Esquece Monelos ou Migas de Pan. Sandra Sánchez está considerada unanimemente como unha das cineastas máis relevantes do audiovisual galego. Guionista, realizadora e montadora de longa traxectoria na industria, acadou renome internacional coa multipremiada longametraxe documental "Tralas luces", coa que acadou sona e prestixio no ámbito da crítica cinematográfica.