Biografía
Nada en Redondela (Pontevedra), Diana Toucedo é unha cineasta de sólida formación e traxectoria a pesares da súa xuventude. Foi alumna e agora profesora na ESCAC de Barcelona. Na súa actividade profesional alterna traballos como montadora para outros creadores como Isaki Lacuesta en "La noche que no acaba", con proxectos persoais onde desenvolve temas e historias propias, moitas delas relacionadas co paso do tempo e o diálogo entre pasado e presente a través de imaxes, persoaxes ou a propia paisaxe, como en "Ser de luz" (2009), "Imágenes secretas" (2012) ou a longametraxe documental "En todas as mans", onde aborda a problemática dos montes comunais. Actualmente anda embarcada na finalización da súa segunda longametraxe documental titulada "Trinta lumes" sobre o devalar da vida no Courel.
