Sinopse
Os actos dos homes en vida configuran a nosa Historia. Pero... en qué momento da nosa vida perde un a súa propia?. Moitas das mulleres que esperan hoxe no interior das súas casas, das súas cociñas ao home que marchou, ao fillo, ao pai... manteñen unha ferida aberta que nunca se pechou. Suspendidas do tempo, latexan incansables na espera. A morte ou elas
Cociña da peza
A xénese de "Homes" comeza tras da lectura dun artigo publicado en Fálame de San Sadurniño , "Mortos en combate en 1938": "Pareceume sorprendente a listaxe de mortos ou desaparecidos da Guerra Civil nun pobo tan pequeno como San Sadurniño, e decidín partir desta ferida aberta da nosa historia, mais dende o punto de vista feminino e centrala no ámbito das mulleres ás que normalmente non se lle da voz nestes temas. Escollín a cociña como núcleo doméstico da casa, como o centro neurálxico da muller no rural que agarda novas dos ausentes, porque non saben si o seu pai ou fillo aínda están vivos ou onde poden estar os seus corpos mortos. Ao mesmo tempo tento explorar esa capacidade que ten o cinema de que un tempo pasado poda tornarse presente. Os tempos e a historia son revisábeis e revivíbeis en certa medida como tento facer neste filme, grazas a recursos como a utilización das transparencias das mulleres -case fantasmais e suspendidas no tempo- que agardan na cociña".
Así pois, dispoñámonos a visionar "Homes" sen pensar demasiado, pois o filme invítanos mais ben a sentir, a deixárense levar, a poñerse no sitio destas mulleres e experimentar como espectadores/as o que puideron sentir cando agardaban novas dos seres queridos, ausentes por unha guerra non desexada e inxusta. Situacións de incerteza que aínda segue aberta e sen resolver nalgúns casos -a pesares dos anos transcorridos-, unha ferida endexamais cicatrizada, mais que continúa a sangrar noutros lugares e tempos do planeta como na guerra de Siria hoxe... "É cuestión sentir e non de pensar" afirma a cineasta Diana Toucedo para condensar esta gran historia universal contada dende as humildes cociñas das aldeas de San Sadurniño.
"Homes": fotografía e silencio ao servizo da lembranza
Esta curta foi seleccionada en numeroso festivais de todo o mundo
Equipo
Dirección
Reparto
Galería
