Ir ao contido principal
Iván Castiñeiras

Iván Castiñeiras

1980Ourense

Iván Castiñeiras transita entre a luz, o son e a memoria para construír relatos de gran sensibilidade visual. Unha mirada cinematográfica que explora as persoas, os territorios e as fronteiras.

Biografía

Iván Castiñeiras, director de fotografía, guionista e director.

Licenciado en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. Asemade  licenciouse en cinema, especialidade en son e realización na Escola Superior de Teatro e Cinema de Lisboa (ESTC). Durante o curso 2007- 2008 estudou na Ecole Nationale Superieure Louis Lumière, cursando estudos de Son e de fotografía cinematográfica. No ano 2009 rematou o Máster de Fotografía Cinematográfica na Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya (ESCAC).

A pesar de que a súa formación inicial foron o son e a realización, traballou na área de imaxe, nos equipos de cámara ou de electricidade en longas e curtas. Desde o ano 2006 até o 2011, exerceu como director de son, así como na post-produción de ficción e documentais. A partir do 2011 comezou a dirixir a fotografía de varios documentais e ficcións. No 2012 realizou a curtametraxe documental “A Raia”, filmada en 16 mm, e seleccionada no circuíto de festivais pola súa ollada cálida e artesanal sobre un rural en proceso de abandono.  Outras pezas son “Où est la jungle?”, “Trajectory Drift”, e Path of Shadows” , obras nas que o cineasta afonda en retratos humanos e sutís en temas como a migración e a etnografía

Imparte aulas de dirección de fotografía na área de documental na Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya (ESCAC), así como na Escola Afilm.  Acaba de estrear “Deuses de pedra” longametraxe construída ao longo de quince anos na fronteira entre Galicia e Portugal, estreada no Festival de Rotterdam e premiada no Play-Doc Tui, Intersección e Documenta Madrid. No 2015 participou na II Chanfainalab como director de fotografía de “Homes” de Diana Toucedo.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

Homes
Ano
2015
Rol
Cámara, Son