Ir ao contido principal
Natalia Porca

Natalia Porca

1994Ferrol

Cineasta e escritora, constrúe unha mirada creativa entre a comunicación audiovisual e a creación literaria, vinculada ás súas raíces de Igrexafeita.

Edicións como cineasta
II2015III2016
Roles nas películas
Dirección

Biografía

Aínda que nacida en Ferrol hai 21 anos, os avós maternos de Natalia viviron en Pena da Meda (Igrexafeita). Ao rematar o Bacharelato no IES Concepción Arenal de Ferrol ingresa na Facultade de Comunicación de Santiago, onde vai comezar o cuarto curso de Comunicación audiovisual. Escritora vocacional, cineasta ocasional e curiosa pola vida, Natalia realizou algunhas curtas na facultade, entre elas “Meus ollos firen” (2014), 4º Premio no certame CinEOI 2015 e finalista en Olloboi 2015. Participa activamente na revista cultural Compostimes e mantén "Tintas y cuerdas", un blog persoal de creación literaria e audiovisual.

Filmografía en Chanfaina Lab

2 películas