
Pequenos filmes onde a memoria, a tradición e a imaxinación se entrelazan.

As lendas, os mitos e as fábulas transmitidas de xeración en xeración forman parte da memoria e do imaxinario dos lugares. Este ciclo reúne relatos que recuperan tradicións populares, recrean personaxes misteriosos ou inventan novas lendas arredor de San Sadurniño. Entre o misterio, o humor, a historia e a fantasía, as pezas exploran as fronteiras entre realidade e ficción con procedencias e ambicións moi diferentes. Unha viaxe polo patrimonio inmaterial e polas relatos que dan identidade a un territorio, historias que alimentan o imaxinario colectivo e transforman a memoria en relato. O ciclo ofrece unha ampla combinación de propostas e tamén unha diversidade de estilos cinematográficos: documental, falso documental, ficción histórica, terror, humor, experimentación e relato fantástico. En definitiva é unha reflexión sobre como nacen os relatos, como se transmiten e como o cinema pode contribuír a crear novas lendas.
“A pena dos tres pés” (Abel Vega, 2015). Unha viaxe pola serra do Forgoselo na procura da misteriosa Pena dos Tres Pés, unha formación rochosa cargada de maxia e simbolismo. A través dunha paisaxe de gran beleza, o filme descobre un recuncho pouco coñecido do patrimonio natural de San Sadurniño. Unha invitación a explorar os lugares próximos e descubrir a súa historia e os seus posibles significados ancestrais.
"Pedro Chosco" (NaraioMedia, 2023). Pedro Chosco, o personaxe popular que adormece os nenos con agarimosos aloumiños, amosa nesta curta a súa faciana máis escura. O soño dunha rapaza desencadea unha historia inquietante na que realidade e pesadelo se confunden. Un thriller de terror rural que revisita con suspense e retranca unha figura da tradición galega.
"Porte exprés" (Angela Arnosa, 2022). A marquesiña dunha parada de autobús convértese no escenario dunha experiencia insólita para un rapaz que alí agarda. Entre a ciencia ficción e a fantasía, Ángela Arnosa xoga coas posibilidades do espazo e introduce elementos do cinema mudo. Unha pequena historia sorprendente que mestura o cotián co extraordinario.
"A lenda do pozo dos donceis" (A Rigueira, 2023). Inspirada nunha antiga lenda popular de San Sadurniño, a peza, producida por un fato de entusiastas veteranos, recrea a historia dun mozo atraído pola aparición dunha misteriosa fada nas augas do río Xuvia. Un relato de sedución, misterio e destino tráxico que recupera un dos mitos máis singulares do patrimonio inmaterial local. Unha coidada recreación cinematográfica que combina tradición, música e posta en escena teatral.
"Na procura da nosa deusa Nabia" (Ignacio Vilar, 2025). Unha viaxe mística pola paisaxe de San Sadurniño na procura de Nabia, a antiga deusa das augas e da natureza. A través de imaxes de gran forza visual, o filme contrapón a beleza do mundo natural á ameaza da súa destrución. Unha reflexión poética e ambiental que reivindica a natureza como espazo sagrado e fonte de vida, nunha viaxe cara á súa conciencia cósmica.
"O meigo mouro do repetidor" (Con Suma Conciencia, 2015). No Pico Ferreira agóchase a figura enigmática dun meigo mouro rodeado de néboas, pedras e misterios. Partindo dunha lenda local, o colectivo Con Suma Conciencia constrúe unha historia que transita entre o terror e o humor. Unha proposta retranqueira e irreverente que engade novos personaxes ao imaxinario popular de San Sadurniño.
"Maldito espírito" (Carlos Martínez-Peñalver, 2024). O espírito de Nuno Freire de Andrade, coñecido como O Mao, continúa vagando polas fragas galegas, condenado polos crimes cometidos no pasado. Unha enigmática mensaxeira podería abrir o camiño cara á súa redención. Unha ficción histórica que revisita a memoria das revoltas Irmandiñas desde unha mirada cinematográfica persoal, inquietante e con toques de humor.
"A gatiñeira de San Sadurniño" (Fernando Cortizo, 2024). Un insólito suceso acontecido en San Sadurniño en 1904 serve de punto de partida para reconstruír unha historia de roubos de gatos e misterios veciñais. A través dunha combinación de documentación histórica, testemuños e ficción, o filme transforma un episodio real nunha lenda popular. Un falso documental colectivo que recupera a memoria local con humor e participación veciñal.
"Camiños de Bardaos. (Unha achega ao fenómeno OVNI en San Sadurniño)" (Ángel Santos, 2014) Unha avaría inesperada durante unha gravación en Bardaos dá pé a unha insólita historia sobre o fenómeno OVNI na parroquia. A través dunha mestura de ficción, memoria veciñal e referencias á vida local, Ángel Santos constrúe un falso documental cheo de retranca. Unha orixinal e suxestiva mirada á paisaxe e ás historias que poderían converterse en lenda.
“Aquilino das Seixas” (Antón Rodríguez, 2019). Aquilino, un gaiteiro chegado de Arzúa á parroquia de Naraío nos anos cincuenta, convértese no protagonista dunha historia sobre a música e a cultura popular galegas. A través dos recordos e testemuños da veciñanza, o filme reconstrúe a figura dun músico que animaba festas, romarías e celebracións. Un falso documental que xoga cos límites entre realidade e ficción e rende homenaxe aos músicos anónimos e ás persoas que manteñen viva a tradición.
A duración do programa é de 93 minutos. Podes seguir vendo pezas similares na etiqueta Lendas
Películas do ciclo
10 películas

II Chanfaina Lab
A pena dos tres pés
Abel Vega2015 · 11min 50sEntre a néboa do Forgoselo, a Pena dos tres pés ergue a súa memoria pétrea como un antigo lugar de encontro e misterio.
VIII Chanfaina Lab
Pedro Chosco
NaraíoMedia2023 · 6min 31sTerror rural con selo propio
VII Chanfaina Lab
Porte exprés
Ángela Arnosa2022 · 1min 40sOnde parecía non pasar nada, pasa o extraordinario
VIII Chanfaina Lab
A lenda do pozo dos donceis
Xosé M. Rabón , A Rigueira Club2023 · 17minUnha lenda filmada entre o mito e a memoria
VIII Chanfaina Lab
Na procura da nosa deusa Nabia
Ignacio Vilar2023 · 4min 52sUnha viaxe mística na procura da natureza sagradaII Chanfaina Lab
O meigo mouro do repetidor
Asociación ConcienciArte 2015 · 10min 30sEntre néboas e antenas, o meigo mouro agarda no Pico Ferreira cun sorriso retranqueiro e algún misterio por revelar
IX Chanfaina Lab
Maldito espírito
Carlos Martínez-Peñalver2024 · 9min 40sA memoria convoca os seus fantasmas
IX Chanfaina Lab
A gatiñeira de San Sadurniño
Fernando Cortizo2024 · 7min 20sUn relato colectivo con retranca e memoria.-768x1024.jpg%3Fv%3D1788726968758&w=3840&q=75)
I Chanfaina Lab
Camiños de Bardaos. (Unha achega ao fenómeno OVNI en San Sadurniño)
Ángel Santos 2014 · 9min 13sEntre camiños rectos, retranca e ficcións imposibles, “Camiños de Bardaos” converte unha avaría nunha lenda que semella agromar da propia memoria da parroquia.
VI Chanfaina Lab
Aquilino das Seixas
Antón Rodríguez 2019 · 16min 48sAntón reinventa a memoria dun gaiteiro para facer da tradición un documental cheo de vida

II Chanfaina Lab
A pena dos tres pés
Abel Vega2015 · 11min 50sEntre a néboa do Forgoselo, a Pena dos tres pés ergue a súa memoria pétrea como un antigo lugar de encontro e misterio.
VIII Chanfaina Lab
Pedro Chosco
NaraíoMedia2023 · 6min 31sTerror rural con selo propio
VII Chanfaina Lab
Porte exprés
Ángela Arnosa2022 · 1min 40sOnde parecía non pasar nada, pasa o extraordinario
VIII Chanfaina Lab
A lenda do pozo dos donceis
Xosé M. Rabón , A Rigueira Club2023 · 17minUnha lenda filmada entre o mito e a memoria
VIII Chanfaina Lab
Na procura da nosa deusa Nabia
Ignacio Vilar2023 · 4min 52sUnha viaxe mística na procura da natureza sagradaII Chanfaina Lab
O meigo mouro do repetidor
Asociación ConcienciArte 2015 · 10min 30sEntre néboas e antenas, o meigo mouro agarda no Pico Ferreira cun sorriso retranqueiro e algún misterio por revelar
IX Chanfaina Lab
Maldito espírito
Carlos Martínez-Peñalver2024 · 9min 40sA memoria convoca os seus fantasmas
IX Chanfaina Lab
A gatiñeira de San Sadurniño
Fernando Cortizo2024 · 7min 20sUn relato colectivo con retranca e memoria.-768x1024.jpg%3Fv%3D1788726968758&w=3840&q=75)
I Chanfaina Lab
Camiños de Bardaos. (Unha achega ao fenómeno OVNI en San Sadurniño)
Ángel Santos 2014 · 9min 13sEntre camiños rectos, retranca e ficcións imposibles, “Camiños de Bardaos” converte unha avaría nunha lenda que semella agromar da propia memoria da parroquia.
VI Chanfaina Lab
Aquilino das Seixas
Antón Rodríguez 2019 · 16min 48sAntón reinventa a memoria dun gaiteiro para facer da tradición un documental cheo de vida