Flipacan e Españolizer-pro
- Duración
- Localización
- San Sadurniño
Sinopse
Dous spots satíricos, o primeiro sobre o que está a pasar coa liberdade de expresión en España e un anuncio humorístico para "animar" aos animais de compaña.
Cociña da peza
Para esta edición da Chanfainalab, o colectivo cultural tiña o proxecto de producir integramente un videoclip sobre dunha composición musical propia e de feito comezaron a gravación na Casa da Xuventude de San Sadurniño, mais non tiveron tempo para a posprodución final da canción na que se basea o clip: "Como queríamos participar na Chanfaina, fixémolo ao noso xeito, como traballamos nos, démoslle unhas voltas á cabeza segundo o que vai indo e vindo e... dun día para outro, decidimos gravar estes dous spots producidos sen metodoloxía algunha; as ideas van e veñen entre nos, as veces David propón a idea base e logo gravamos sen un sistema organizativo definido. Facémolo todo moi improvisado, porque só somos afeccionados. Mais aí está a nosa achega con dous pequenos clips: un adicado a Lei Mordaza e outro é unha vella idea que tiñamos, practicamente dende que estudabamos no Instituto"..
"Flipacan" e "Españolizer-pro" invítannos a pasar un par de minutos divertidos co humor retranqueiro e iconoclasta deste grupo de cineastas afeccionados locais: "Nos pretendemos facer rir á xente , mais, ao tempo, que reflexione sobre o mundo no que vivimos; as pezas son satíricas mais que humorísticas, na procura da inquietude e mesmo a incomodidade no espectador". Así pois, cando estamos a piques de chegar ao ecuador da programación da 3º Chanfainalab, invitámosvos tamén a uns minutiños de publicidade, mais non se vaian, porque estes anuncios teñen moito que contar.
Equipo
Dirección
Galería
