Biografía
O lugués Alberto Lobelle formouse na Escola de Imaxe e Son da Coruña (EIS). Alterna o seu traballo profesional en series de televisión, anuncios, documentais e filmes coa realización de obras de marcado carácter independente e autoral. En 2011 dirixe a súa primeira longametraxe "Matisse se escribe con dos eses", seleccionada en Documenta Madrid e Al Jazeera International Documentary Film Festival, entre outros festivais. En 2015, a súa mediametraxe "Den Pobedy: Día da Vitoria", realizada con material atopado, ten a súa estrea mundial no FIDMarsella. O seu último filme, "Paisaxes da Capelada", estreouse no Documenta Madrid 2017, onde acadou o Premio á Mellor Fotografía.
Filmografía en Chanfaina Lab
1 película
Estudo para rostro humano
- Ano
- 2017
- Rol
- Dirección
