Ir ao contido principal
Lara e Noa Castro

Lara e Noa Castro

1998A Coruña

As irmás cineastas Lara Castro e Noa Castro constrúen unha mirada precoz e brillante entre a arte e a memoria, que xa fala con voz propia e sorprendente madurez.

Edicións como cineasta
III2016IV2017
Roles nas películas
DirecciónInterpretación

Biografía

As irmás ferrolás Lara e Noa Castro son cineastas moi novas, -18 anos recén cumpridos- mais cunha dilatada traxectoria creadora que comezou con premios literarios cando tiñan nove anos de idade e agromou en diferentes disciplinas artísticas ao longo dos últimos dez anos. O inmenso talento das dúas irmás acadou premios e recoñecementos en numerosos certames literarios, de artes plásticas e tamén audiovisuais. A súa madurez fica patente en pezas producidas mentres estudaban o Bacharelato e relacionadas coa Historia de España como "Escravo", "Belle époque ?" ou "Fernando VII" entre outras. O último premio foi no pasado decembro de 2016 no concurso de "Prevención de condutas aditivas" do Concello de Pontevedra coa curta "Non queiras". No 2016 estudan o primeiro curso de Belas Artes en Pontevedra, a súa mirada, sempre orixinal e innovadora, asombra a quen as coñece, non só polo seu talento, senón tamén pola súa humildade e calidade humana.

Evolución:

Entrevista a Lara e Noa Castro (A cuarta Parede)

Entrevista a Lara e Noa Castro. (Facultade de Belas Artes, Pontevedra)