Ir ao contido principal
Carlos Viana

Carlos Viana

1953Esposende (Portugal)

Condensa toda unha vida dedicada ao cinema como práctica de creación, formación e encontro, impulsada por unha paixón constante pola imaxe e o cinema

Biografía

Carlos Eduardo Viana é un cineasta nado en Esposende (Portugal) de amplísima traxectoria como documentalista, programador e dinamizador cinematográfico no Norte de Portugal. Asemade ten dirixido numerosos documentais en Angola, Cabo Verde e por suposto en Portugal. Socio fundador e Presidente da Direcção da Associação de Produção e Animação Audiovisual "Ao norte" con sede en Viana do Castelo. Fixo Estudos Superiores en Cinema e Vídeo na Escola Superior Artística de Porto e posúe unha licenciatura en ensino. Coordinou a Oficina de Cinema e Audiovisuais do Centro Cultural do Alto Minho (1981 a 1994). Bolseiro do goberno francés, participou nos Ateliers VARAN (París), en dous laboratorios de cinema directo (iniciación e especialización). Coordina numerosas iniciativas pedagóxicas desenvolvidas por "Ao norte" na área do cinema e audiovisuais, os Encontros de cinema de Viana do Castelo, o magnífico portal e lugar de encontro da creación audiovisual na Internet Lugar do real e o Festival cinematográfico Filmes do homem de Melgaço, entre outras actividades desa procura incesante, paixón polo cinema e bonhomía tranquila que caracteriza a Carlos Eduardo Viana.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

A Casa
Ano
2017
Rol
Dirección