Biografía
Ángel Rueda é investigador, programador e cineasta. Pola súa traxectoria poderíamos afirmar que ten celuloide na sangue. No 2003 funda o colectivo Lili Films, unha especie de filmoteca adicada á procura, recuperación e análise de arquivos cinematográficos. Durante este tempo desenvolve máis dunha vintena de obras con metraxe encontrada (found footage), nas que explora a re-montaxe ou o cine perfomativo, como "Bendita calle" (2005), rodada integramente en Super 8 e cámara en mano seguindo o ideario de Vertov; "El cielo del Super 8" (2007) onde comparte a experiencia de rescate de películas familiares ou "50 años en el Andamio" (2008), longametraxe que recupera unha peza sobranceira do cine amateur en Galicia, "El andamio" (Rogelio Amigo,1958). Como programador e comisario ten desenvolvido proxectos para MUSAC, La Casa Encendida, CGAI, Filmoteca de Cantabria, Gaiás, MAC, Fundación Luis Seoane entre outros. Ademais, foi xurado internacional en numerosos festivais internacionais de cine, Ficx (Gijón), Márgenes (Madrid), Curtas PT (Vila Do Conde), Curta 8 (Brasil), Fcdep (París), Fronteira (Brasil), Lima Independiente (Perú) ou Mar del Plata (Argentina).
É o fundador e director do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico de A Coruña, un concepto de festival xa de referencia internacional no ámbito da vangarda, o cine experimental, o cine performativo e os formatos analóxicos
