Ir ao contido principal

Brío

Ana Domínguez

II Chanfaina Lab2015

O tren, a infancia e a danza fúndense nun mesmo pulso visual.

Duración
Localización
San Sadurniño

Sinopse

"O ser humano, o bosque, un tren e unha cámara. Simbiose continua entre a natureza e a máquina. Ensaio sobre o movemento que eleva á imaxe móbil como personaxe principal, nun ballet mecanicamente orgánico".

Cociña da peza

A inspiración principal da súa peza para Chanfaina´Lab, foi o grupo de baile moderno e rítmico Club Brío de San Sadurniño: “ Pareceume moi sorprendente que nun entorno rural pequeno, houbese esta sensibilidade para ofertar aos máis cativos un espazo de creatividade. Quixen plasmar esa sensibilidade creativa das nenas e nenos dun entorno rural, centrándome nun enfoque puramente plástico do movemento, creando unha danza cos movementos dos corpos infantís e ca natureza retratada dende a ventá dun tren en marcha, o FEVE que cubre a ruta Ferrol–San Sadurniño. Tamén tiven en consideración obras de referencia que me gustan moito como Meditation on Violence,(Maya Daren,1948) ou Ballet mecanique (Fernand Leger, 1924)".
Así pois, a cineasta pretende rexistrar a través da cámara fixa a plasticidade do movemento e proponnos que gocemos co movemento dos corpos e o movemento do tren. Ana Domínguez xoga co ritmo visual e sonoro que envolve a peza, na procura da plasticidade dos corpos, mais tamén das vías do tren que bailan, como baila a paisaxe a través da ventá e que nos conduce á ensoñación que producen os movementos rítmicos dos pequenos corpos das nenas e nenos que bailan. En definitiva, unha invitación á relaxación, ao goce sensorial e a degustar a calidade e o ritmo visual destes grandes artistas de San Sadurniño.

Equipo

Dirección

Equipo técnico

Produción
Ángel Rueda

Música

Bach

Tamén participaron

Coa participación das nenas e nenos do Club Brío de San Sadurniño

Galería

bRIO