Ir ao contido principal

Outras formas de mirar (3)

Mirar o mundo con ollos propios

Películas
12
Duración
88 min
Anos
2015–2025

Sombras, corpos, poemas, paisaxes, sons e lembranzas convértense en materia cinematográfica.

Un rastro de luz
"Un rastro de luz" de Celia Parra

Este terceiro ciclo reúne propostas moi diversas que teñen un nexo común: a procura doutras formas de mirar e representar a realidade, afastadas das convencións do cinema dominante. Son pezas que exploran as posibilidades expresivas da imaxe, o son, o movemento, a luz e a montaxe, abrindo camiños cara á abstracción, a experimentación e a poesía visual.

Desde a danza e os espazos domésticos ata a memoria, a paisaxe ou os mitos, cada cineasta constrúe unha mirada persoal e transforma elementos aparentemente sinxelos -unha sombra, unha porta, unha casa, unha paisaxe ou un corpo- en experiencias cinematográficas singulares . San Sadurniño non funciona aquí como un simple escenario, senón como materia creativa que cada autor ou autora transforma segundo a súa sensibilidade e os seus referentes.

Unha escolma heteroxénea que percorre distintas formas de achegarse á realidade, desde a abstracción máis libre ata o ensaio documental, pasando polo videopoema e a experimentación sonora. A liberdade creativa é o que une estas propostas e lles permite explorar os múltiples camiños do cinema."

A duración do programa é de 88 minutos. Podes seguir explorando as múltiples formas do cinema experimental e da videocreación en Outras formas de mirar (1) e Outras formas de mirar (2)

Películas do ciclo

12 películas