A gran porta de Kiev
X Chanfaina Lab2025
- Duración
- Localización
- LamasNaraíoSan SadurniñoSanta Mariña do Monte
Sinopse
Unha maña soleada de finais de verán, na contorna de San Sadurniño, tornase nunha tarde de vento e tormenta. Mentres as portas dás vivendas, negocios e demais lugares da vila abren e pechan, revélase unha historia dun pasado e lugar afastados. En 1866, un atentado frustrado contra o tsar Alexandre II inspirou proxectos conmemorativos no Imperio Ruso. Un deles foi “A Gran Porta de Kiev”, deseñada por Viktor Hartmann, que nunca se construíu. Tras a morte de Hartmann, os seus bosquexos impactaron ao compositor Modest Músorgski, quen lle rendeu homenaxe cá suite “Cadros dunha Exposición”. O último movemento desta obra musical facía referencia a porta que nunca chegou a fazerse realidade.
Cociña da peza
A proposta xorde de dous motivos concretos: o descoñecemento da contorna de San Sadurniño e a vontade de respectar o espírito en xeral do Chanfaina. Co ánimo de descubrir o lugar, escollemos traballar ao xeito da fotografía na estrada, pero limitándonos a buscar material só en torno a un concepto, ou máis ben obxecto: as portas.
Portas hainas en todos os sitios. Todas aseguran, como mínimo, unha acción, un movemento; abrir ou pechar. Ademais, polo xeral, a función duna porta e permitir a entrada ou saída a un espazo diferente. Dabondo para ter por onde empezar.
Grazas a veciñanza pasamos de porta en porta e coñecemos o pozo de Manolo, a entrañable Inolíta, a Marcos e Cecilia, a Gerónimo… . Sempre gardados por Fran da Lobeira, quen nós descubriu algunhas das mellores portas.
Xa na montaxe, buscando un sentido á sucesión de portas de San Sadurniño, atopamos a historia da falida construción da Gran Porta de Kiev e a homóloga composición de Modest Mussorgsky. Este foi o ingrediente clave para re-significar as imaxes establecendo algunha que outra rima con outra época a un ritmo orquestral.
Equipo
Dirección
Equipo técnico
- Realización
- Sabrina Zimmermann
- Produción
- Fran da Lobeira
Música
Modest Mussorgsky, "Cadros dunha exposición Nº10 - A Gran Porta de Kiev"
Galería
